Cargando resultados...
Un home duns 70 anos falece na praia de Area Grande, na Guarda

G24.gal
18/07/2022 22:33
Un bañista atopou o corpo aboiando na auga e avisou os servizos de urxencias.
O 061 mobilizou un helicóptero e unha ambulancia, pero cando chegaron os sanitarios só puideron certificar o falecemento.
Segundo contaron testemuñas do suceso, o falecido era un home natural desa zona que vivía fóra e volvera á Guarda de vacacións.