Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un mozo cuadriplica a taxa de alcol nun control en Lugo e o pai recólleo tamén bébedo

Un mozo cuadriplica a taxa de alcol nun control en Lugo e o pai recólleo tamén bébedo

Pai e fillo foron denunciados por dous delitos contra a seguridade viaria

G24.gal 19/03/2024 09:59

Un mozo, tras cuadruplicar a taxa de alcol, chama o pai para que o recolla e este chega tamén bébedo. Ao final os axentes tiveron que chamar outro fillo para que viñese recoller os dous.

O rapaz tivo que facerse cargo dos coches do pai e do irmán. Ocorreu nas Gándaras, a Policía Nacional realizaba labores de vixilancia no barrio, que estaba en festas. Detectaron o condutor máis novo circulando nun vehículo con numerosos danos, ao darlle o alto o mozo dixo que chocara contra un poste de pedra da súa propiedade, pero os axentes comprobaron que o mozo tiña síntomas de embriaguez, así que solicitaron a presenza da Policía Local.

Ao realizarlle a proba confirmáronse as sospeitas, o mozo cuadriplicaba a taxa de alcol permitida. Entón avisan o pai para que o veña recoller e a sorpresa dos axentes foi maiúscula ao comprobar que o proxenitor acudía bébedo. Pai e fillo foron denunciados por dous delitos contra a seguridade viaria. Durante a fin de semana, 19 condutores foron denunciados por alcol e drogas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar