Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un grupo de mozos ocupa o antigo Club Financeiro da Coruña

Un grupo de mozos ocupa o antigo Club Financeiro da Coruña

O actual propietario, unha gran cadea de alimentación, non denunciou a ocupación

A única forma legal de desaloxalos e mediante unha orde de desafiuzamento

G24.gal 27/07/2022 14:20

O luxo e a grandeza asociados ao Club Financeiro da Coruña pasaron a mellor vida. As instalacións, que contaban con piscina interior, pistas de squash ou salón de peiteado, entre outras comodidades, están abandonadas desde principios do ano 2020 e hai tempo que foron saqueadas.

Por se fose pouco, dende hai uns meses o antigo club está ocupado por un grupo de mozos. Actualmente viven aquí unhas sete persoas, segundo nos confirmaron os propios ocupantes fóra de cámara. Aseguran que non teñen nin luz nin auga, pero din que non teñen outro lugar a onde ir.

A ocupación pasou desapercibida para moitos veciños, e iso que a policía e os bombeiros tiveron que vir en varias ocasións por pequenos conatos de incendio no interior; o último, este martes. Os axentes intentaron desaloxalos do interior, pero non puideron porque xa levaban asentados tempo no lugar. Agora a única forma legal de botalos é mediante un desafiuzamento. Os veciños non entenden que sexa tan difícil botalos.

A parcela, de 3.800 metros cadrados, foi alugada recentemente por unha gran cadea de alimentación para construír aquí un supermercado. Os actuais inquilinos pagan uns 20.000 euros de alugueiro e non poden derrubar o antigo edificio ata que sexa desaloxado, pero, de momento, non presentaron ningunha denuncia ante a Policía Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade