Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un grupo de encapuchados rouba nunha tenda de informática de Santiago

Un grupo de encapuchados rouba nunha tenda de informática de Santiago

Os ladróns empregaron un coche para rebentar o escaparate do comercio e roubar nuns instantes teléfonos de alta gama e reloxos intelixentes

G24.gal 10/09/2026 13:50

Un grupo de encapuchados perpetrou esta madrugada un roubo nunha tenda de produtos da marca Apple en Santiago, situada na Avenida de Barcelona, utilizando o método da alunizaxe, consistente en estrelar un vehículo de forma deliberada contra o escaparate para rompelo e acceder en cuestión de segundos.

Os feitos producíronse contra as cinco da madrugada, e de seguido desprazáronse ao lugar axentes da Policía Nacional alertados polos sistemas de seguridade do comercio, pero os ladróns xa se deran á fuga. 

O botín subtraído aínda non foi cuantificado, segundo fontes da investigación, pero si se sabe que se levaron varios teléfonos de última xeración e reloxos intelixentes.

Neste establecemento xa roubaran o ano pasado, e outro de Ourense da mesma empresa sufriu un roubo semellante no ano 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade