Investigan en Ourense un intento de roubo polo método da 'alunizaxe'
A Policía Nacional de Ourense investiga os feitos e anda tras a pista dos ladróns que intentaron roubar nunha tenda de móbiles
Un veciño escoitou os golpes cando estampaban o coche contra a porta de cristal da tenda, pero non puideron roubar nada
Ocorreu de madrugada na céntrica rúa Curros Enríquez de Ourense
A Policía Nacional de Ourense investiga e anda tras a pista dos autores dunha 'alunizaxe' nunha coñecida tenda de produtos tecnolóxicos. Ocorreu esta mesma madrugada no centro da cidade de Ourense.
Esnaquizado, así quedou o cristal da porta deste coñecida tenda de tecnoloxía tras o intento de roubo co método da 'alunizaxe' en pleno centro da cidade de Ourense. Ocorreu esta madrugada. O ruído do impacto do coche escoitouse no edificio lindeiro.
"Nós estabamos vendo a televisión arriba no quinto e escoitamos dous golpes bastante fortes". Asomámonos ao balcón e xa vemos un coche escapando e detrás del a Policía", conta un veciño que presenciou os feitos desde a súa casa cntra a unha, unha e cuarto da madrugada.
Os empregados da tenda souberon do corrido esta mañá. Segundo nos contou un veciño que viu os feitos, os ladróns non conseguiron entrar na tenda porque xusto coincidiu que pasaba a Policía e tiveron que escapar sen levar nada.
"Eles non lograron entrar, iso está claro, porque xa escaparon antes da Policía", asegura o veciño.
Os veciños da céntrica rúa Curros Enríquez ían sorprendéndose pola mañá do ocorrido.
A Policía Nacional está investigando agora os feitos e as fontes policiais oficiais non confirman por agora se se produciu a detención dos autores da 'alunizaxe'.