Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un golfiño leva máis de 24 horas nadando de forma irregular no porto de Vilagarcía

Un golfiño leva máis de 24 horas nadando de forma irregular no porto de Vilagarcía

A Cemma fai un seguimento do mamífero por se estivese enfermo ou ferido

Nesta época os arroaces e os golfiños entran nas rías buscando os cardumes de sardiña

O golfiño nada de forma irregular e ten marcas na aleta
G24.gal 04/09/2023 14:15

O golfiño está na dársena número 2 do porto de Vilagarcía e xa é un atractivo máis do paseo matinal. Ducias de persoas achéganse para velo pero máis aló do aspecto lúdico preocupa o seu estado de saúde. Os biólogos da Cemma estanlle facendo un seguimento para ver a súa evolución. Onte fixéronlle fotografías para ver se as marcas da aleta eran feridas. Uxía Vázquez di que notaron que nadaba ladeado e que lle custaba respirar, pero que hoxe xa mellorou e ten unha natación máis estable e unha respiración máis tranquila.

No porto non ten risco

Os golfiños e os arroaces entran nas rías buscando comida. Nesta época, fundamentalmente sardiña. Nos últimos días houbo avistamentos nos portos de Ribeira e A Pobra. Na Cemma din que pode ser un animal desa manda ou ben un dos que vararon a semana pasada en Boiro. Este ano está sendo excepcional desde ese punto de vista. Nos oito primeiros meses lévanse contabilizados máis de 400 varamentos en Galicia cando a media anual é de 250.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar