Cargando resultados...
Un gol de Szymanowski frea a xeira do Arenteiro
G24.gal
17/04/2022 21:19
O Arenteiro non puido traer nada positivo de Segovia. Perdeu contra a Ximnástica, á que lle chegou o solitario tanto de Szymanowski mediada a segunda metade. A derrota deixa os locais a un punto dos do Carballiño, que están a tres dos postos de promoción de ascenso.
O partido foi de dominio do Arenteiro, que dispuxo das mellores oportunidades. No primeiro tempo houbo poucas ocasións pero no reinicio o equipo galego mereceu mellor sorte. Despois do gol Sylla marcou un tanto que foi anulado por fóra de xogo e o propio dianteiro senegalés tivo unha grande ocasión para conseguir o empate pero fallou no remate.