Cargando resultados...
Un galo espanta unha parella de cataláns dunha casa rural en Ourense
Marcharon antes de tempo do lugar porque o canto do animal non os deixaba durmir
Imaxe de arquivo
G24.gal
30/08/2024 16:56
Reservaron 3 noites nunha casa rural en Ourense, pero resultou rural de máis para eles. O canto dun galo non deixaba durmir unha parella de turistas cataláns e marcharon antes de tempo.
"O que eu nunca imaxinei foi que lles puidese molestar un galo, porque no rural tes galos, vacas, galiñas, tractores..., todo o que ten que haber no rural", explica a propietaria da vivenda.

Deixaron unha recensión na páxina web do establecemento en que explican a drástica decisión e advirten potenciais hóspedes. Os donos do negocio non dan creto, pero contraatacaron cun cartel que advirte dese tipo de situacións que se dan cando un visita o rural.