Así é o galiñeiro máis bonito de Galicia: reciclaxe e cancións para ovos supreme
Un galiñeiro con poñedoras supreme en Velle grazas aos cánticos do dono das pitas
Nove pitas brancas e unha rubia viven no galiñeiro máis bonito do país. 20 metros cadrados con 300 metros de xardín.
Unha porta ao balcón semiautomática e un comedeiro moi cómodo que lle evita a Ismael, o dono, pisar as cagadas das galiñas.
Ismael cre que o que o levou a gañar o premio do Quen anda aí foron as singulares portas. Pero sabendo que foi técnico de ascensores durante 40 anos ten todo a lóxica: reciclaxe e praCticidade campesiña. "Ata teñen o botón para chamalo", di.
Xusto antes de recibir o recoñecemento do programa da TVG ao poleiro máis fermoso asegura que xa tiña pensado botarlle as portas unha man de pintura agora que se acaba de xubilar e ten máis tempo.
Ismael é cantante, ten un dúo profesional, e cántalles ás galiñas para que poñan moitos ovos.