Cargando resultados...
Un ferido grave nun incendio dunha casa de Salceda de Caselas
O lume afectou o cuarto en que estaba unha persoa de 82 anos con mobilidade reducida

G24.gal
17/01/2022 17:09
Unha persoa quedou ferida grave no incendio que sufriu a súa vivenda no lugar de Paxariñas, en Salceda de Caselas.
O lume comezou despois do mediodía e afectou o cuarto en que estaba esa persoa de 82 anos e con mobilidade reducida.
A orixe do lume puido ser unha cabicha que prendeu no colchón e na roupa da cama. Varios familiares acudiron rescatar o ferido e posteriormente foi trasladado a Povisa.