Un fallo na sinalización interrompeu a circulación de trens entre Vigo e A Coruña, que se reiniciou con atrasos
Un fallo na sinalización interrompeu a circulación de trens entre Vigo e A Coruña, que se reiniciou con atrasos
O corte, que se prolongou durante unha hora, produciuse entre a bifurcación de Arcade e a de San Amaro
Malia todo, desde a volta á normalidade sobre as tres da tarde, os primeiros trens circularon con ata dúas horas de retraso
A Xunta traslada a Europa as demandas sobre o Corredor Atlántico
Un fallo na sinalización interrompeu durante unha hora a circulación entre a bifurcación de Arcade e a de San Amaro, na liña de tren entre Vigo e A Coruña. Segundo informa o Adif, o traballo dos efectivos desprazados o lugar permitiu que o tráfico ferroviario se reiniciase con rapidez, sobre as tres da tarde. Malia todo, algúns trens rexistraron atrasos de ata dúas horas. O servizo funciona xa con normalidade.
Se restablece la circulación en la línea Vigo-A Coruña. Los trenes pueden todavía seguir registrando retrasos.
— INFOAdif (@InfoAdif) February 20, 2026