Publicador de contidos

Publicador de contidos

A avaría dun tren Vigo-Coruña obriga Renfe a pasar todos os viaxeiros a outro convoi

A avaría dun tren Vigo-Coruña obriga Renfe a pasar todos os viaxeiros a outro convoi

Os viaxeiros encontrábanse xa situados no tren para saír da estación, pero o convoi non puido iniciar a marcha

Arquivo Arquivo
G24.gal 20/05/2026 20:37

A avaría dun tren de Media Distancia entre Vigo e A Coruña obrigou Renfe a trasladar todos os viaxeiros a outro convoi na estación viguesa de Urzáiz.

O tren afectado foi o das 19:35 horas, que circula con máis de vinte minutos de atraso por esa incidencia técnica.

Os viaxeiros encontrábanse xa situados no tren para saír da estación, pero o convoi non puido iniciar a marcha.

Tras máis de dez minutos de espera, o interventor pediu aos pasaxeiros que cambiaran a outro tren situado noutra das vías da estación de Urzáiz.

Desde alí saíu con máis de vinte minutos de demora sobre o horario previsto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade