Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home de 64 anos falece nun accidente de tráfico en Santiago

Un home de 64 anos falece nun accidente de tráfico en Santiago

Ocorreu na estrada que une Sigüeiro co aeroporto compostelán

G24.gal 14/10/2022 07:42 Última actualización 14/10/2022 14:20

Nun tramo recto da estrada que enlaza o aeroporto de Santiago con Sigüeiro foi onde tivo lugar o accidente mortal. O coche, un Ford Fiesta, circulaba a noite pasada en sentido Sigüeiro e, por causas que se descoñecen, invadiu o carril contrario e saíu do asfalto.

Polo terraplén aínda percorreu unhas ducias de metros en que foi batendo cos postes do pretil ata que acabou envorcando no fondo do desnivel.

"Ás 9:25 tivemos coñecemento do sinistro viario acontecido na AC-250, entre A Lavacolla e Sigüeiro, á altura do punto quilométrico 5,100. Foi unha saída da vía pola marxe esquerda e envorcado. Como consecuencia do sinistro, falece o condutor e único ocupante, veciño de Frades, de 64 anos de idade", precisa o brigada Cerqueiras, do destacamento da Garda Civil de Tráfico de Santiago.

O accidente tivo lugar a uns dous quilómetros da casa do falecido, no termo municipal  de Santiago. Pola mañá, no lugar do sinistro non se apreciaba ningunha pegada de freada e a Garda Civil de Tráfico investiga as circunstancias do mesmo.

Entre os profesionais de urxencias desprazados ao lugar tras o sinistro foron bombeiros para sacar a vítima de debaixo do coche. Todo apunta a que o home non levaba o cinto de seguridade posto. O cadáver trasladárono ao hospital de Conxo para realizarlle a autopsia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade