Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Centro de Innovación en Edificación e Enxeñería Civil, da UDC, cumpre 25 anos

O Centro de Innovación en Edificación e Enxeñería Civil, da UDC, cumpre 25 anos

O laboratorio da construción é un dos dez nos que agora traballan 120 investigadores

O laboratorio da construción é un dos dez nos que agora traballan 120 investigadores
G24.gal 16/06/2025 21:22 Última actualización 16/06/2025 22:39

Aquí dentro melloran a vida das persoas. Iso é o que lles gusta dicir aos enxeñeiros que traballan no CITEEC, o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil.

Celebran os 25 anos do centro con portas abertas para demostrar, por exemplo, que necesitaron dúas toneladas e media de forza para romper esta viga.  

Investigan formigón reparable con bacterias, programas de prevención de inundacións, ou que nesta torre de impacto ensaian como se comporta un material determinado. Que podería ser a estrutura dun vehículo. 

Fernando Martínez Abella, director científico do CITEEC, explica que "o CITECC unha das características que ten, a diferencia doutros centros do mundo, é que se dedica a todos os campos da enxeñaría civil: temas portuarios, costeiros, de ríos, de hidroloxía humana ou de construción. En cada un deses campos hai proxectos estrela".

O laboratorio da construción é un dos dez nos que agora traballan 120 investigadores. 

Outro é o túnel de vento onde ensaian estruturas ante a acción do vento. Como fixeron para a ampliación da Ponte de Rande. 

"A través de nove turbinas e ventiladores cunha lonxitude de aproximadamente 22 metros de longo ten unha velocidade máxima de preto de 100km/h e con eles obtéñense forzas, movementos e aceleracións sobre os distintos modelos", comenta Miguel Roca Rodríguez, encargado de laboratorio do túnel de vento de capa límite (TUCLA).

"Para a ampliación da Ponte de Rando, que a fixemos nós, fixeron un estudo do comportamento do vento e do comportamento da ponte fronte a certos ventos para ver e axudar a soportar os diferentes cálculos que se fixeran teóricos", sinala Fátima Otero, directora técnica da empresa construtora Grupo Puentes.

Tamén colaboran estreitamente con empresas como Repsol no laboratorio de mecánica de rochas.
Andrez Muñoz Ibáñez destaca que os traballos "na mecánica de rochas e con aplicación na transición enerxética. Facemos moitos proxectos de investigación e colaboración  con empresas do sector enerxético".

"Os traballos que se fan aquí no centro teñen dúas vertentes: por un lado, traballos de investigación de teses doutorais ou proxectos de investigación que se presentan a concursos nacionais e convocatorias europeas; e, por outro lado, traballos con empresas como asesorías ou traballos de investigación", engade Juan Ramón Rabuñal Dopico, director Técnico do CITECC. 

A sostebilidade é un dos retos para este centro da Universidade da Coruña, que cumpre o seu cuarto de século a plena actividade co lema de Imaxinar, innovar, vivir e celebrar. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade