Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un exclusivo megaiate árabe, obrigado a fondear nas Cíes polo temporal

Un exclusivo megaiate árabe, obrigado a fondear nas Cíes polo temporal

O Serene, de 134 metros de eslora, é propiedade do controvertido príncipe herdeiro de Arabia Saudita, Mohammed Bin Salman

O iate "Serene" buscou refuxio nas Cíes este domingo
G24.gal 27/11/2022 17:34

Unha vez máis unha embarcación de grandes proporcións, e desta volta non é un cruceiro viuse obrigado a buscar refuxio na ría de Vigo polo mal estado do mar.

Trátase dun magaiate, o Serene, que presume de ser un dos mais grandes do mundo e que tivo que fondear ao abrigo das Cíes os seus 1314 metros de eslora e 19 de manga. Conta con 12.692 metros cadrados de privacidade nas súas sete cubertas, nun casco de máis de 8.000 toneladas de rexistro bruto.

O seu propietario é o príncipe herdeiro e primeiro ministro de Arabia Saudita, Mohammed Bin Salman, ao que a prensa internacional relaciona co asasinato do xornalista Jamal Kashoggi.

O primeiro propietario do barco foi un magnate ruso do vodka, que o encargou a un estaleiro italiano en 2011 cun investimento de case 300 millóns de euros. Bin Salman botoulle o ollo en 2014 nunhas vacacións na Costa Azul francesa. Alí, ao parecer, ofreceulle ao dono 500 millóns de euros polo iate e logrou facerse con el.

O Serene fondeou nas Cíes na madrugada do domingo. Estaba a realizar unha singradura  entre o golfo Pérsico  e o norte de Europa con 63 persoas a bordo.  Non se sabe se está a bordo o propietario.

A embarcación conta cun spa equipado, ximnasio, tres piscinas, sala de cine, dous heliportos, bar, biblioteca e outras moitas comodidades das que poden gozar un máximo de 24 invitados co servizo dunha tripulación de 52 persoas.

A xoia da coroa a bordo sería un dos cadros máis caros do mundo, o Salvatore mundi, de Leonardo da Vinci, adquirido polo príncipe saudita nunha poxa en Nova York por uns 400 millóns de euros. O Serene custou en orixe 300 millóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade