Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un estudo revela que os galegos non temos dificultade para mudar dunha lingua a outra

Un estudo revela que os galegos non temos dificultade para mudar dunha lingua a outra

Trátase da última enquisa de Percepción Social do Galego encargada pola Xunta e que apunta a unha aceptación alta do denominado "bilingüismo cordial"

O 77 % das persoas contesta en galego cando alguén se dirixe a elas en galego e case un 84 % contesta en castelán cando se dirixen a eles en castelán 

G24.gal 11/02/2025 14:19

Na rúa a maioría dos cidadáns cos que falamos recoñece que non ten problemas para mudar dunha lingua a outra. 

"Se me falan en galego, en galego; se é en castelán, vou ao seu idioma", di un home.

Os que saltan dunha lingua a outra din que o fan de xeito natural sen darse de conta, malia que algúns teñen máis en conta a procedencia do interlocutor que o idioma como tal e é ese o motivo principal de uso dun ou doutro.

"Se sei que é de aquí fálolle en galego porque sei que me entende; se é de fóra, en castelán", explica unha muller.

Os datos que achega a última enquisa de Percepción Social do Galego encargada pola Xunta, mostra que o bilingüismo cordial conta cunha alta aceptación na comunidade, xa que é empregado por máis do 75 % dos enquisados. Ademais, dos participantes, o 77 % contesta en galego cando alguén se dirixe a elas en galego e case un 84 % contesta en castelán cando se dirixen a eles neste idioma.

A enquisa

A sondaxe realizouse co obxectivo de ampliar o actual coñecemento sobre o uso e presencial do galego na sociedade e trátase dun estudo composto por 1.200 enquisas a familias residentes en Galicia con fillos en idade escolar nas etapas de primaria e secundaria.

Así, en relación a unha posible discriminación idiomática, o 52,4 % das familias enquisadas que falan habitualmente en galego consideran que non hai ningún idioma discriminado en Galicia e o mesmo opinan o 69 % das familias que se comunican normalmente en castelán. 

Destacaron que a enquisa reflicte unha "diversidade lingüística" no ámbito familiar e social, xa que o 67,5 % das familias sinala que os seus fillos empregan o galego de forma habitual, mentres que o 31,1 % dos mozos interactúa só en castelán.

Outro dos aspectos que aborda a enquisa é a opinión das familias sobre o galego no ensino. O 62,8 % están "satisfeitas" ou "moi satisfeitas" co uso actual do galego no sistema educativo galego. A este respecto, destacan que o grao de satisfacción é "lixeiramente superior" entre as familias que usan o galego de forma cotiá, aínda que con valores similares. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade