Un estudante de Boiro fai repenicar as campás en igrexas da cidade da Coruña
"O único que falta é o relevo xeracional. É como todo, por moito que protexas unha cousa se despois non hai que o queira continuar, non vai seguir", di Mateo
Mateo é de Boiro, pero desde que estuda na Universidade da Coruña fai repenicar as campás en varias igrexas da cidade. É a súa paixón desde ben neno.
"Con sete anos unha vez subín ao campanario dunha procesión da parroquia de Santiago de Lampón, en Boiro. Esa foi a primeira experiencia".
Alá onde vai escoita, observa e investiga. Tanto en arquivos eclesiásticos como preguntando á xente do lugar pola tradición oral. Por exemplo, o toque de defuntos que na Coruña é igual para homes e mulleres.
O toque manual de campás é Patrimonio Cultural Inmaterial de Humanidade pola Unesco.
Como membro da Asociación Cultural de Campaneiros de Galicia, Mateo di que preocupa a falta de remuda.
"O único que falta é o relevo xeracional. É como todo, por moito que protexas unha cousa se despois non hai que o queira continuar, non vai seguir".
Despídese de nós co repenique que anuncia as festas na Coruña.