Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un erro maiúsculo de Cortés cústalle a derrota ao Pontevedra en Badaxoz

Un erro maiúsculo de Cortés cústalle a derrota ao Pontevedra en Badaxoz

O cadro pacense logrou a vitoria cun solitario gol de Francis Ferrón

G24.gal 20/05/2023 22:29

O Pontevedra, xa descendido, perdeu no campo do Badaxoz por 1-0 cun gol de Francis Ferrón que tirou proveito dun erro maiúsculo de Álvaro Cortés. 

O partido foi de alta intensidade. Polo que aconteceu a semana pasada na Malata, polo que estivo o equipo estremeño quecendo o partido polo inicio do encontro en que o Badaxoz meteu moita presión no treito inicial. 

Co paso dos minutos ese ímpeto foi minguando e o Pontevedra mesmo xerou algunha oportunidade para marcar. No segundo tempo volveu o Badaxoz a mandar sobre o campo pero non acababa de ter oportunidades claras. No minuto setenta chegou a xogada que desnivelou o partido nun pase en profundidade que parecía non ter perigo. Cortés, porteiro granate, non estivo atinado e perdeu o control do coiro, algo que aproveitou Ferrón para marcar o único tanto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos