Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un equipo de mozas e mozos ourensáns representa Galicia nun certame internacional de robótica

Un equipo de mozas e mozos ourensáns representa Galicia nun certame internacional de robótica

O seu proxecto de innovación para mellorar a comunicación dos mergulladores nas súas exploracións submarinas foi o terceiro mellor de entre 56 proxectos de toda España

O equipo da empresa de proxectos educativos Captioma Elementals estivo desde outubro adestrándose en Ourense

Unhas lentes de realidade aumentada para comunicarse nas exploracións oceánicas é o seu proxecto gañador
G24.gal 01/04/2025 21:39 Última actualización 01/04/2025 22:04

Un grupo de oito rapaces e rapazas de Ourense van representar Galicia no maior certame mundial de competición de robótica educativa e innovación. 

A súa solución innovadora para mellorar a comunicación dos mergulladores na exploración oceánica conseguiu ser o terceiro mellor na competición da Liga de Lego. 

Desde outubro estiveron traballando nestes proxectos de robótica educativa e innovación que os levará a representar Galicia nun evento en Sydney, Australia. 

Ademais de adquirir os coñecementos para a programación, o deseño e a construción de robots e solucións tecnolóxicas comparten valores como o compañeirismo, a humildade a honestidade e o traballo en equipo. 

"Que entendan que as cousas ás veces funcionan e outras non, que hai que traballar a longo prazo e que non todo é para xa, iso é o máis importante. E que sexan creativos, capaces de achegar solucións", asegura Cristina Fernéndez Mangana, adestradora do equipo Captioma Elementals. 

"Non é só un traballo en equipo, tamén amizade, sobre todo", di Marta, unhas das rapazas do grupo. 

"Aquí en Captioma aprendemos moito, pero non só de robótica, porque estamos moitas horas todos xuntos", apunta Atenea, outra integrante do equipo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade