Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un enfrontamento pola poxa dixital de gando en Silleda remata coa intervención da Garda Civil

Un enfrontamento pola poxa dixital de gando en Silleda remata coa intervención da Garda Civil

Algúns compradores negáronse a empregar a nova aplicación móbil e os transportistas bloquearon a saída do recinto

A poxa quedou parcialmente suspendida ao non adxudicarse moitos animais

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 06/05/2025 20:19 Última actualización 06/05/2025 20:28

Un enfrontamento entre compradores de recría e transportistas obrigou á intervención da Garda Civil no recinto feiral de Silleda.

O conflito estalou durante a primeira poxa totalmente dixitalizada da Central Agropecuaria de Galicia Abanca, celebrada este martes.

Segundo explicou a entidade organizadora, a suba realizouse por primeira vez unicamente a través da aplicación móbil creada en 2021, que ata agora tiña un uso voluntario.

Algúns compradores rexeitaron empregar a app e decidiron non participar na poxa.

Esta negativa provocou que moitos dos animais non se adxudicaran e tiveran que regresar ás explotacións de orixe.

A situación afectou directamente os transportistas, que denunciaron perdas económicas e bloquearon a saída do recinto cos seus camións.

Finalmente, a Garda Civil acudiu ao lugar e desbloqueou o acceso, o que permitiu a retirada dos animais "sen dificultade", segundo confirmou a organización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos