Castro Caldelas celebra unha nova edición da súa Feira do Gando
O evento busca pór en valor a importancia, tanto económica como social, do sector gandeiro nesta comarca
Manuel Yáñez conta con máis de 300 cabezas de gando en Castro Caldelas. Dende que se recuperou a feira, hai un par de anos, tras dúas décadas sen celebrarse, non falta a ningunha. Hai catro ao ano.
É o único evento deste tipo que queda na provincia e, segundo el, é fundamental para acadar un bo prezo a hora de vender as reses, tanto para vida como para morte.
O sector gandeiro tan un gran peso na economía deste concello da montaña ourensá cunhas tres mil cabezas de gando rexistradas. Animais que se crían en extensivo, nos montes desta comarca, afastando o risco de incendio e axudando a manter a paisaxe.
A vindeira feira celebrarase o 10 de setembro.