Cargando resultados...
Hospitalizan un empregado da montaña rusa de Vigo tras un accidente na atracción
Hospitalizan un empregado da montaña rusa de Vigo tras un accidente na atracción
O traballador foi alcanzado por unha das cabinas que circulaba polos raís
G24.gal
18/12/2022 21:21
Última actualización 18/12/2022 21:30
Produciuse un accidente nunha das atraccións de feira que están instaladas na zona do Areal en Vigo.
Un empregado da montaña rusa foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro despois de ser alcanzado por unha das cabinas que circulaba polos raís do mecano.
O home saltou un dos valados para coller unha pucha entrando nunha área vetada durante a marcha da atracción. Ten feridas de gravidade nunha perna pero a súa vida non corre perigo. O Súper Ratón Vacilón permanece arestora pechado.