Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un dobrete de Manu Justo impulsa o Rácing ao máis alto da táboa

Un dobrete de Manu Justo impulsa o Rácing ao máis alto da táboa

O cadro ferrolán gañoulle por 3-2 á Cultural Leonesa

G24.gal 17/09/2022 21:42

O Rácing de Ferrol continúa coa súa gran serie de resultados e sumou o cuarto triunfo da temporada diante da Cultural Leonesa (3-1). O acerto de Manu Justo, cun dobrete, foi fundamental para que os de Cristóbal manteñan un ritmo infernal á fronte da 1RFEF.

O dianteiro vigués abriu o marcador, e á media hora o central Jon García aumentaba a vantaxe cun remate de cabeza. Xusto antes de chegar ao descanso Obolskiy recurtaba diferenzas para a Cultural pero o Rácing tivo o acerto para aumentar a diferenza co segundo gol na conta de Justo. 

Parecía que o Rácing tiña o control do partido. Perdoou boas ocasións para marcar o cuarto pero acabou sufrindo porque Claudio Medina marcou o 3-2 no 93. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade