Un curtocircuíto nunha regreta, causa do incendio na residencia de anciáns
6 mortos e 10 hospitalizados, algún deles grave
A Generalitat decreta tres días de loito en toda a Comunidade Valenciana
Axentes da Garda Civil tomaron mostras no cuarto onde se orixinou o lume e onde durmían dous maiores, para poder precisar as causas do suceso. As imaxes amosan o resultado do que o presidente da Generalitat Valenciana, Ximo Puig, definía horas antes como "unha tormenta perfecta que se produciu onde e como para ter un efecto máis letal".
Era de noite e na planta onde durmían os residentes máis impedidos. Os bombeiros tiveron que traballar arrep para minimizar a traxedia.
"Houbo que sacar xente na súa propia cama, e os que podían moverse un pouco tiveron que ser evacuados entre dous ou tres axentes", asegura o xefe do Parque de bombeiros
6 anciáns faleceron e 10 continúan hospitalizados, algúns con queimaduras graves. O resto foron trasladados a outras residencias próximas.
A alcaldesa de Montcada, Amparo Orts, fala dun dos peores días que se viviu na localidade e envía as súas condolencias aos familiares das vítimas.
O Concello de Moncada decretou tres dias de loito, que a Generalitat ampliou a toda a comunidade.