Cargando resultados...
Un condutor de 92 anos sae da vía en Ourense e atropela un octoxenario
Aconteceu na parroquia da Reza, nunha zona de curvas, cando o condutor dun turismo perdeu o control do vehículo
G24.gal
06/12/2022 13:35
Un home quedou ferido grave tras ser atropelado en Ourense. Aconteceu na parroquia da Reza, nunha zona de curvas, cando o condutor dun turismo perdeu o control do vehículo e saíu da estrada xusto no lugar polo que ían camiñando dous señores maiores.
Un deles puido esquivalo, pero o outro recibiu o impacto de cheo, quedou malferido e tivo que ser trasladado en ambulancia ao hospital. O condutor saíu ileso polo seu propio pé. Ten 92 anos.