Un concerto para formigoneira inaugura un ciclo no CGAC
Trátase da serie Concertos en construción, do Ensemble Liberdade
Compoñen material musical en tempo real tomando a improvisación como materia prima
Comezou en Santiago, no Centro Galego de Arte Contemporánea, o ciclo Concertos en construción.
Trátase dun programa do Ensemble Liberdade, un formato reducido da Orquestra Galega de Liberación. Parten da improvisación para ir compoñendo música en tempo real.
Traballan coa idea da construción e da creación en proceso, de modo que, nada máis propio, o ciclo comezou cun concerto para formigoneira dirixido a todos os públicos.
Concluirá cunha serie de concertos didácticos concibidos para o público infantil e para o adulto, respectivamente.
Din que é unha mostra poderosa e actual da escena contemporánea e de como é aínda posible innovar na experimentación sonora e musical.