Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un carballo de San Lourenzo, en Santiago, derrúbase sobre o muro do pazo

Un carballo de San Lourenzo, en Santiago, derrúbase sobre o muro do pazo

Os veciños piden un mantemento urxente das árbores para previr riscos

O Concello encargou un novo informe técnico para avaliar o estado dos carballos centenarios

G24.gal 15/09/2023 14:56

A carballeira de San Lourenzo suma unha nova baixa desde o martes. Desta volta, a copa desta árbore centenaria derrubouse sobre o muro do pazo. A madeira xa foi retirada, pero aínda se poden ver os desperfectos. Os veciños denuncian o mal estado que presentan os exemplares máis vellos e o risco que iso supón.

"É unha pena, algúns son moi vellos, están débiles, teñen ocos, e son un perigo para os que viven e pasan por aquí", di un viandante.

"Teñen bechos, raíces podres, pólas moi atacadas. Ademáis a grande maioría están ocos por dentro", explica Jon Brokenbrow, presidente da asociación veciñal Río Sarela.

O último informe técnico, do ano 2020, determinaba que o estado das árbores era tolerable, incluído o que caeu esta semana. Os veciños piden que se actualice o documento. Suxiren que se faga unha poda que alivie o peso destes xigantes.

"Non pedimos que fagan algo drástico nin talar o patrimonio vexetal, pero si rebaixar as copas e alivialas pouco a pouco de tanto peso", explica Jon.

"Son árbores moi antigas, algunhas chegaron á senectude, estaría ben ir repoboando con carballos xuvenís e que vaian medrando ao mesmo tempo", comenta o viandante. 

Pola súa banda, o Concello confirma que xa encargou un novo informe coa intención de controlar as árbores catalogadas e substituír as que se atopen en mal estado. Os veciños agardan que sexa canto antes, porque o inverno está á volta da esquina e o perigo é maior con chuvia e vento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar