Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un can e un golfiño fanse amigos no Freixo

Un can e un golfiño fanse amigos no Freixo

O can botouse á auga ao ver o golfiño e ambos comezaron a brincar xa no momento ante o entusiasmo dos espectadores

G24.gal 18/08/2022 21:21

Hai imaxes coas que é imposible non poñerse de bo humor.

Ver un golfiño, por exemplo, é algo que nos emociona a todos.

Pero un can que paseaba cos donos polo porto do Freixo, en Outes, non foi capaz de conter o seu entusiasmo e botouse á auga tan pronto viu un golfiño no porto.

O caso é que, polas imaxes que vemos, ambos fixéronse enseguida bos amigos.

A pesar de seren tan distintos, semella que se entenderon a primeira vista e que empezaron a xogar causando entusiasmo entre os donos do can.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos