Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un camioneiro queda atrancado no centro de Pontevedra por seguir o GPS

Un camioneiro queda atrancado no centro de Pontevedra por seguir o GPS

O navegador meteuno por rúas estreitas, sen ter en conta as dimensións do camión

A Policía Local denunciouno por non atender os sinais verticais e tamén terá que aboar o farol que derrubou 

G24.gal 25/02/2025 14:46

Seguiu as indicacións do GPS pero foi imposible, da curva xa non pasou.

"Cando pechei o estanco saín e vin un tráiler aí parado, pero non sabía por que estaba detido porque estaba recto, estaba ben posto", comenta o traballador, pero "cruzou a rúa", engade cando a compañeira lle ensina a imaxe do camión.

"Escoitamos un ruído moi forte e vimos o camión atrancado pero saíu o meu marido a mirar e xa viu que tirara un farol..., pero como se meteu ese camión tan grande por aí", pregúntase a dona doutro establecemento próximo.

É a pregunta do millón, pero o certo é que son as trampas habituais dos navegadores. 
 

"Pensan que vas en moto porque hai camiños que nin co coche. A min pásame con este camión, que é pequeno e ás veces hai camiños que o GPS mándame e teño que dar marcha atrás, non entro e demais. Entendo que un camión tan grande aquí é cun pouco complicado pero tamén un camión dese tamaño, meterse no centro da cidade é un pouco...", explica un repartidor. 

"Non sabes se podes polas dimensións, en cidade non está indicado o galibo ou as medidas de autobuses e camións. Cando pasan por aquí xente que non coñece, queda atrapado nestas rúas", engade un colega. 

Os profesionais do volante xa están afeitos e quen máis quen menos ten a súa anécdota.

"Nalgún sitio acabei nun barranco"

"En Mondariz tiña unha entrega para unha casa e o GPS meteume por uns camiños que se foron estreitando e 500 metros máis adiante, xa non entraba o camión. Tiven que ir 500 metros cara a atrás"

Tamén saíu cara a atrás este camioneiro, que viña de Coura, en Portugal. Manobra complexa, caos de tráfico e, para máis inri, dous recadiños: unha multa por non atender os sinais de circulación e outra polos danos no farol que derrubou.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade