Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous mortos tras a colisión entre un avión e un camión de bombeiros en LaGuardia

Dous mortos tras a colisión entre un avión e un camión de bombeiros en LaGuardia

Os falecidos son o piloto e o copiloto da aeroliña, e os dous feridos atopábanse no coche de bombeiros

O choque deuse na pista 4, cando a aeronave CRJ-900 de Air Canada, procedente de Montreal, aterraba

G24.gal 23/03/2026 07:51 Última actualización 23/03/2026 09:41

Dúas persoas morreron e polo menos dúas quedaron feridas esta noite tras a colisión dun avión de Air Canada cun camión de bombeiros nunha pista do aeroporto LaGuardia en Nova York (Queens), segundo publica a CNN a partir dunha fonte policial. Os falecidos son o piloto e o copiloto da aeroliña, e os dous feridos atopábanse no coche de bombeiros.

O accidente produciuse cara ás 23:40 hora local, cando un voo de Jazz Aviation que operaba un voo de Air Canada impactou contra un vehículo de bombeiros que acudía a atender outro incidente no aeroporto, segundo sinalan fontes aeroportuarias. As autoridades activaron os protocolos de emerxencia e ordenaron o peche do aeroporto para facilitar os labores de investigación.

A Federal Aviation Administration (FAA) emitiu unha orde de suspensión de voos en LaGuardia tras o suceso e está previsto que permaneza pechado ata a tarde do luns. Jazz Aviation confirmou nun comunicado emitido á primeira hora do luns o incidente relacionado co voo 8646 de Air Canada procedente de Montreal.

A aeronave, un CRJ-900, transportaba 72 pasaxeiros e 4 membros da tripulación, segundo unha lista preliminar, informou a aeroliña. Segundo a web, Flightradar24 -un servizo global de rastrexo de voos en tempo real-, o avión circulaba a uns 210 quilómetros por hora -130 millas por hora- momentos antes do impacto.

As imaxes da colisión mostran graves danos na parte frontal do avión. Pola súa banda, a Xunta Nacional de Seguridade no Transporte (NTSB) anunciou o envío dun equipo investigador ao lugar. O accidente, segundo a CNN, prodúcese nun contexto de tensións en aeroportos dos Estados Unidos pola falta de financiamento do Departamento de Seguridade Nacional, que afectou ao persoal de seguridade e provocou atrasos en distintos aeródromos do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade