Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dez esculturas de Manolo Paz locen entre os rañaceos de Manhattan

Dez esculturas de Manolo Paz locen entre os rañaceos de Manhattan

A mostra ao aire libre poderá verse ata o mes de setembro na emblemática Park Avenue

As pezas evocan Galicia nas formas e nos materiais

G24.gal 25/04/2026 16:18

 O escultor Manolo Paz inaugura en Nova York a súa exposición 'A distancia que une', dez pezas monumentais que conectan o rural galego coa capital do mundo, nunha mostra que ocupará unha das arterias máis emblemáticas da cidade ata o vindeiro mes de setembro.

O escultor regresa a Nova York, a cidade que o acolleu en distintos momentos da súa carreira artística. Nesta ocasión presenta unha exposición de 10 esculturas que se integran na selva de cristal e cemento de Park Avenue. Pezas como "Catedrais", feitas con láminas de cuarcita; e "Nasas", cubos de reixa inspirado no aparello dos mariñeiros coas cores das bandeiras estadounidense.

Poderán verse entre as rúas 60 e 63 ata o 30 de setembro, grazas a The Fund for Park Avenue, a galería Max Estrella e coa colaboración da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade