Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ataque ruso con drons mata tres persoas e fere outras 31 na capital ucraína

Un ataque ruso con drons mata tres persoas e fere outras 31 na capital ucraína

Un dos impactos produciuse nun edificio de nove plantas nun distrito residencial, onde rescataron trece persoas

Un dos edificio atacados por drons rusos en Kíiv. REUTERS/Valentyn Ogirenko Un dos edificio atacados por drons rusos en Kíiv. REUTERS/Valentyn Ogirenko
G24.gal 26/10/2025 08:19 Última actualización 26/10/2025 10:22

Un ataque nocturno ruso con drons matou tres persoas e feriu outras 31 en Kíiv, segundo informaron os servizos de emerxencia ucraínos este domingo na súa canle de Telegram.

Un dos impactos produciuse nun edificio de nove plantas nun distrito residencial, onde rescataron trece persoas.

"Noutra dirección, un edificio de seis plantas recibiu o impacto dun dron; como resultado, as xanelas quedaron destruídas desde a primeira planta á novena", informa.

En total, máis de cen operativos dos servizos de emerxencia e máis dunha vintena de equipos de rescate foron despregados na cidade para facer fronte ás consecuencias do ataque.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade