Chega ao CHUS o material para a instalación do primeiro acelerador de protóns da sanidade pública española
Chega ao CHUS o material para a instalación do primeiro acelerador de protóns da sanidade pública española
O Centro de Protonterapia de Galicia entra na fase decisiva previa á instalación do acelerador
O acelerador de protóns xa está listo en Bélxica para o seu envío a Galicia
A Xunta prevé que se comecen a tratar doentes no último trimestre de 2026
Descarga do material prévio á chegada do acelerador desde Bélxica. Foto: Xunta de Galicia
O Centro de Protonterapia de Galicia avanza nas obras de acondicionamento de espazos e entra na fase decisiva de instalación do primeiro acelerador da sanidade pública española.
Segundo informou a Xunta nun comunicado, xa chegaron a Santiago doce colectores con materiais da compañía líder en tecnoloxía de terapia de protóns, que supervisa os traballos.
Tras dezaoito meses do inicio da obra, con dous búnkers construídos á beira do hospital clínico de Santiago, os colectores transportaron o material necesario para situar o acelerador, que xa está listo en Bélxica para enviar a Galicia.
Nove profesionais da empresa especializada traballarán en Santiago como parte do cadro técnico responsable da instalación do equipamento ProteusOne durante o próximo ano.
Prevese a posta en funcionamento
A partir do último trimestre de 2026, agárdase poder atender 250 persoas cada ano, tanto pacientes galegos coma tamén de Asturias, Castela e León e do norte de Portugal.
Descarga do material prévio á chegada do acelerador desde Bélxica. Foto: Xunta de Galicia