Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un deputado de Vox sobe á tribuna Congreso e encárase coa presidencia da cámara

Un deputado de Vox sobe á tribuna Congreso e encárase coa presidencia da cámara

José María Sánchez foi expulsado do pleno o que resta de semana

Gómez de Celis, vicepresidente do Congreso, di que temeu que o deputado o agredise fisicamente

O PSOE promove unha declaración institucional para condenar o incidente

G24.gal 15/04/2026 14:44

José María Sánchez encarouse primeiro cunha letrada do Congreso e despois co vicepresidente. Finalmente, o deputado de Vox foi expulsado da tribuna e tamén da cámara no que queda de semana.

Alfonso Rodríguez Gómez de Celis, vicepresidente do Congreso, contoulle aos xornalistas que "o que pensaba era por onde me ía agredir fisicamente".

Os ministros do Goberno, tanto do PSOE como de Sumar, compararon o incidente co intento de golpe de Estado do 23-F.

Pero Vox defende o seu deputado. Segundo a súa voceira no Congreso, Pepa Millán, "quen se equivoca é a presidencia da cámara non exercendo a súa función de control e de orde".

O protagonista da polémica alega que outro deputado de ERC o estaba insultando, pero el négao. Outros deputados presentes, coma a representante de Coalición Canaria, Cristina Valido, asegura que o de Vox "berra, insulta e humilla" en todos os plenos.

O PP evita valorar, di, a performance doutros grupos, pero admite que foi "grave". "A verdade é que non era moi adecuado, por dicilo dalgunha maneira", declaraba nos corredores do Congreso o seu vicesecretario Elías Bendodo.

O PSOE quere que se condene o incidente cunha declaración institucional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade