Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP volve pedir a dimisión de Óscar Puente polo accidente de Adamuz

O PP volve pedir a dimisión de Óscar Puente polo accidente de Adamuz

O accidente de Adamuz marcou este mércores a sesión de control ao Goberno, tanto dentro como fóra do Congreso

Mentres as vítimas reclamaban xustiza ás portas do hemiciclo, o PP pedía a dimisión do ministro de Transportes

G24.gal 15/04/2026 13:59

A bancada popular pediu este mércores a dimisión de Óscar Puente. O ministro de Transpotes protagonizou un tirapuxa cunha deputada do PP sobre o accidente de Adamuz en que morreron 46 persoas.

"Deixen de facer demagoxia e agarden polo resultado da investigación", dixo Puente.

"Vostede xa tiña que estar cesado. Por respecto ás vítimas, o tempo que lle quede non se comporte como un 'hooligan'", respondeulle a popular Miriam Guardiola.

Mentres, ás portas do Congreso, as vítimas aseguraban sentirse desamparadas. María Fernanda Tovaruela perdeu no sinistro o seu fillo Agustín, empregado de Renfe de 39 anos: "Chamaba e dicíame: 'Mamá, calquera día vanme recoller cunha culler'. O que non pensei é que lle tocaría ao meu fillo, con 39 anos... Un ministro de Transportes ten que estar ao tanto de como están os trens, sabíase que as vías e os trens estaban mal", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade