Publicador de contidos

Publicador de contidos

O comisario europeo de Xustiza pide respecto á separación de poderes no caso de Begoña Gómez

O comisario europeo de Xustiza pide respecto á separación de poderes no caso de Begoña Gómez

Os socialistas defenden as súas críticas á instrución do xuíz Juan Carlos Peinado

G24.gal 21/04/2026 14:39

"Ninguén está libre de crítica, pero debe respectarse a separación de poderes". Así responde o comisario de Xustiza da UE, Michael McGrath, cando lle preguntan polas valoracións que fai o Goberno español do xuíz Peinado, o instrutor do caso Begoña Gómez.

Pero os socialistas non concordan co dito polo comisario europeo. Para Patxi López, voceiro do PSOE no Congreso, "unha crítica non significa que non se respecte a separación de poderes, só faltaría que non se puideran criticar decisións".

Os que si lle dan a razón son dous partidos tan opostos ideoloxicamente como Vox e Compromís. As súas voceiras no Congreso cren que en España non hai separación de poderes, pero por razóns opostas. Para os de Abascal, o Goberno ataca os xuíces. Para os valencianos, é xusto o contrario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade