Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ataque a un hospital do Sudán deixa 64 mortos

Un ataque a un hospital do Sudán deixa 64 mortos

Entre as vítimas mortais hai 13 nenos

Desde o inicio da guerra rexistráronse 213 ataques contra instalacións sanitarias con 2.036 falecidos

Foto de arquivo de Reuters Foto de arquivo de Reuters
G24.gal 22/03/2026 10:12 Última actualización 22/03/2026 10:22

Un ataque ao Hospital Universitario da cidade sudanesa de Al Deain, capital do estado de Darfur Oriental, causou o venres pola noite polo menos 64 mortos, entre eles 13 nenos, segundo denunciou a Organización Mundial da Saúde (OMS).

O ataque deixou 89 feridos, entre eles oito traballadores sanitarios, e danou os servizos de pediatría, maternidade e urxencias do hospital, que deixou de estar operativo, segundo denunciou o director xeneral da OMS, Tedros Adhanom Ghebreyesus, na súa conta oficial en X.

Na guerra civil sudanesa, iniciada hai case tres anos, a OMS contabilizou polo menos 213 ataques contra instalacións sanitarias ou traballadores do sector, nos que morreron 2.036 persoas e 720 quedaron feridas. O dereito internacional considera que os ataques a hospitais e outras infraestruturas civís poden constituír crimes de guerra.

"Máis aló do devastador custo humano, os ataques contra a atención sanitaria teñen consecuencias inmediatas e a longo prazo para comunidades que xa antes necesitaban desesperadamente tanto servizos médicos de emerxencia como atención rutineira. É o momento de rebaixar a escalada do conflito en Sudán e garantir a protección de civís, traballadores sanitarios e persoal humanitario", subliñou o director xeral da OMS, quen insistiu en que "a atención sanitaria nunca debería ser un obxectivo".

O grupo de dereitos sudanés Emergency Lawyers, informou de que foi un ataque do exército o que alcanzou o hospital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade