Trump dálle un ultimato a Irán para que abra Ormuz e Teherán responde que atacará infraestruturas enerxéticas
Trump dálle un ultimato a Irán para que abra Ormuz e Teherán responde que atacará infraestruturas enerxéticas
Estados Unidos deulle un prazo de 48 horas a Irán para abrir o estreito
Teherán asegura que só lles impide o paso aos barcos dos "países inimigos", Estados Unidos e Israel
O presidente estadounidense, Donald Trump, asegurou este sábado que EE.UU. atacaría as centrais eléctricas de Irán se o país persa non abre "totalmente" o estreito de Ormuz ao tráfico marítimo. Deulle un prazo de 48 horas para facelo.
"Se Irán non abre totalmente, sen ameazas, o estreito de Ormuz nun prazo de 48 horas a partir deste preciso momento, Estados Unidos atacará e arrasará coas súas diversas centrais eléctricas, empezando pola máis grande", escribiu o mandatario nunha mensaxe publicada este sábado na rede Truth Social.
As Forzas Armadas estadounidense anunciaron tamén que esta semana atacaron un arsenal subterráneo situado ó longo da costa que debilitou a capacidade de Irán para restrinxir a navegación na zona.
Pola súa banda Irán insistiu este domingo en que o estreito de Ormuz está aberto agás para Israel e os Estados Unidos e que o paso de embarcacións para o resto de paíese é posible coa coordinación das autoridades iranianas.
Nun comunicado difundido por medios locais, Ebrahim Zolfaghari, voceiro do Comando Conxunto das Forzas Armadas iranianas, advertiu de que, se hai un ataque norteamericano, respondería cunha agresión á súa infraestrutura enerxética, plantas de desalinización e emprazamentos de tecnoloxías da información dos Estados Unidos na rexión.