Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un aparatoso accidente de tráfico no centro de México causa 19 mortos

Un aparatoso accidente de tráfico no centro de México causa 19 mortos

G24.gal 07/11/2021 09:34

Polo menos 19 persoas morreron e outras tres feríronse nun grave accidente de tráfico na autoestrada México-Puebla despois de que un camión quedara sen freos para chocar contra seis vehículos.

O camión transportaba líquido inflamable que causou un incendio.

O treito pechouse á circulación mentres os equipos de emerxencias traballaban na zona para auxiliar ás vítimas e no traslado aos hospitais dos afectados.

A Fiscalía do estado de México informa de que o condutor do camión puido perder o control tras quedar sen freos. A colisión causou que se verteron máis de 200 bidóns que provocaron unha pequena explosión na zona e grandes lapas. O liquido podería ser base de champú.

O accidente sucedeu nunha cabina de peaxes da autoestrada México-Puebla. Traballadores e veciños da zona aseguran que se trata do cuarto accidente de tráfico nun mes neste lugar situado nunha forte pendente descendente desde máis de 10 quilómetros antes da cabina de pagamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade