Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ano despois do homicidio da coidadora do Porriño, a instrución segue aberta

Un ano despois do homicidio da coidadora do Porriño, a instrución segue aberta

O xuízo será con xurado popular e xunto á familia da vítima tamén se presentaron na causa a CIG e o Concello do Porriño 

O presunto homicida, tras pasar uns meses na unidade de psiquatría do Alvaro Cunqueiro, agora está no módulo de enfermería do cárcere da Lama

TVG
G24.gal 29/07/2026 15:45

Este mércores fai un ano do asasinato de Teresa de Jesús, a empregada do servizo municipal de axuda no fogar do Porriño que morría a mans do marido dunha muller que coidaba.

A vítima sufría acoso sexual 

Na mañá do 29 de xullo de 2025, antes de comezar a súa xornada, Teresa comunícalle á súa empresa que está a ser acosada sexualmente nunha das casas que atende e que non quere traballar alí. Tamen pide asesoramento á CIG. Este era o aviso que lle chegaba ao Concello:

"A traballadora dicía que non quería prestar o servizo nese domicilio, pero tampouco dixo a causa", explicaba o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo.

Esa mesma mañá é golpeada ata a morte cun machado presuntamente polo home que a acosaba, o marido dunha muller que coidaba.

Un familiar do acusado avisa a policía do crime 

É un familiar do matrimonio o que alerta do crime. Descobre o presunto autor, de 78 anos, ensanguentado e aturdido, el mesmo o guia ata o cadáver de Teresa. O caso conmocionaba e mobilizaba á sociedade.

"Temos que reivindicar protección para que ningunha muller volva sufrir violencia no traballo", manifestaba a portavoz da CIG.

Un ano despois, a instrución segue sen pecharse. O xuízo será con xurado popular. Xunto á familia da vítima, tamén se presentaron na causa a CIG e o Concello.

"Que se diriman as responsabilidades correspondentes, pero está clro que o Concello do Porriño vaise presentar na causa", asegurou Alejandro Lorenzo.

O presunto homicida, tras pasar uns meses na unidade de psiquatría do Alvaro Cunqueiro, agora está no módulo de enfermería do cárcere da Lama.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade