Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un ano de cárcere para a muller que convenceu unha menor ourensá para que abandonara a familia

Un ano de cárcere para a muller que convenceu unha menor ourensá para que abandonara a familia

A acusada, de 26 anos, coñecera a rapaza, de tan só 12, a través dunha rede social

O caso sentenciouno o Xulgado do Penal de Ourense tras un xuízo en que non se presentou a acusada O caso sentenciouno o Xulgado do Penal de Ourense tras un xuízo en que non se presentou a acusada
G24.gal 01/10/2024 13:22

A muller que convenceu unha menor de doce anos para que abandonara a súa familia en Galicia e marchara vivir con ela a Andalucía foi condenada a un ano de prisión.

A acusada non acudiu ao xuízo. Segundo a sentenza, no momento dos feitos, vai para tres anos e medio ela tiña 26 e sabía perfectamente a idade da vítima, á que coñeceu a través de Instagram.

A acción frustrouse cando a instancias dunha familiar da menor, a acusada facilitoulle o teléfono do taxista que estaba a levar a rapaza desde Valdeorras a Huelva.

Así e todo, a xuíza considéraa responsable dun delito de indución de menores ao abandono do domicilio e condenouna a un ano de cárcere. A sentenza pódese recorrer ante a Audiencia Provincial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar