Cargando resultados...
Un ancián de 80 anos morre atropelado por un camión en Vigo
Un ancián de 80 anos morre atropelado por un camión en Vigo

G24.gal
21/12/2021 12:56
Un home duns 80 anos morreu tras ser atropelado por un camión de grande envergadura en Vigo.
O sinistro tivo lugar pasadas as 11 e media desta mañá no cruzamento da Travesía de Vigo coa Avenida Bos Aires, segundo informa o 112.
Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencias, a Policía Local de Vigo e os bombeiros. Malia os esforzos dos sanitarios, non se puido facer nada por salvarlle a vida.