Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Nacional continúa a investigación da presunta violación grupal a unha moza en Vigo

A Policía Nacional continúa a investigación da presunta violación grupal a unha moza en Vigo

Os feitos denunciados ocorreron ás sete da mañá do sábado na Finca de Matías

A suposta agredida aínda non prestou declaración e as dilixencias e as probas reunidas pola Científica aínda están por analizar

G24.gal 14/09/2026 12:59 Última actualización 14/09/2026 14:07

A Policía Nacional de Vigo confirma a investigación dunha suposta violación múltiple a unha moza de vinte anos na Finca do Matías, nas proximidades da Travesía de Vigo.

A alerta dérona os veciños dun inmoble próximo que escoitaron berros o sábado ás sete da mañá e tamén viron a moza chorar na rúa.

Segundo os testemuños veciñais, a vítima foi atopada chorando por unha muller que se dirixía ao seu traballo pola mañá e foi esta persoa quen chamou incialmente a Policía Local. Outros veciños escoitaron os berros da moza desde os edificios próximos.

A suposta agresión sexual cometida por polo menos catro homes foi contra as sete da mañá do sábado. O operativo policial sorprendeu pouco despois os que comezaban abrir os seus negocios.

Fontes da Policía Nacional apuntaron que a investigación aínda se está iniciando e pediron prudencia. A suposta agredida aínda non prestou declaración e as dilixencias e as probas recabadas pola Científica aínda están por analizar. Segundo as testemuñas veciñais, a muller chegou a fuxir dos homes saltando un muro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade