Cargando resultados...
Un acertante de Verín gana máis dun millón de euros na Bonoloto
O boleto foi validado na administración de loterías nº 1 de Verín
Do afortunado ou afortunada non se sabe nada polo de agora, só que o premio millonario chegou cunha aposta de tan só un euro
G24.gal
08/08/2026 09:09
No sorteo da Bonoloto deste venres houbo un boleto da primeira categoría (6 acertos) premiado con 1.215.273 euros, que foi validado en Verín, Ourense.
O boleto foi validado na Administración de Loterías nº 1 de Verín, situada en Luis Espada, 66.
Da segunda categoría (5 acertos + complementario) hai dous boletos acertantes que foron validados en Santa Cruz de Tenerife e en Vigo, cun premio de 81.554 euros.
A combinación gañadora correspóndese a : 43 03 25 22 49 42
Complementario: 8, reintegro: 7.