Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous acertantes da Bonoloto gañan máis de dous millóns de euros en Silleda e por Internet

Dous acertantes da Bonoloto gañan máis de dous millóns de euros en Silleda e por Internet

Os premiados validaron os boletos nunha administración de Pontevedra e na canle oficial en liña

Un segundo premio, vendido en Vedra

G24.gal 26/02/2026 22:29 Última actualización 27/02/2026 14:28

Gustavo, o xerente da administración número 1 de Silleda recibiu a nova onte á noite a través dunha coñecida. Este venres agardaba como auga de maio a chegada da cartelería procedente da delegación territorial de Loterías do Estado en Vigo, e poder lucir no escaparate o maior premio individual que repartiron na historia da administración. Algo máis de 2 millóns de euros do sorteo da Bonoloto de onte.

Ao longo da maña achegáronse clientes para verificar os seus boletos, pero ningún era o afortunado millonario. Iso si, todos manifestaron a satisfacción de que o premio tocara en Silleda.

Algo no que tamén confía o xerente da Administración que prefire que os cartos queden na localidade.

O sorteo da Bonoloto de onte tamén deixou un premio de 38 mil euros en Santa Cruz de Ribadulla, no concello de Vedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade