Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un accidente con tres feridos obriga a cortar un carril da AP-9 en Abegondo

Un accidente con tres feridos obriga a cortar un carril da AP-9 en Abegondo

Os tres feridos tiveron que ser evacuados a centros sanitarios; un deles tivo que ser liberado

O sinistro provocou importantes retencións

G24.gal 16/01/2026 17:13

Un accidente de tráfico en que se viron involucrados dous vehículos obrigou a cortar momentaneamente a circulación na AP-9 á altura do concello de Abegondo. Concretamente, o sinistro, unha colisión por alcance, tivo lugar no quilómetro 32, en sentido Santiago, pouco despois das catro da tarde.

Nun dos vehículos implicados, eléctrico, viaxaba unha soa persoa, e no outro dúas. Como consecuencia do accidente, unha persoa quedou atrapada no interior do vehículo, sendo necesaria a súa liberación. Os tres implicados resultaron feridos e foron evacuados a centros hospitalarios.

A autoestrada permaneceu cortada ao tráfico, aínda que pronto puido abrirse un carril. No operativo interviñeron dúas patrullas de Seguridade Cidadá e dúas patrullas de Tráfico da Garda Civil.

O sinistro provocou importantes retencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade