Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Un accidente colapsa a ponte de Rande cara a Pontevedra
A colisión produciuse nada máis entrar no viaduto entre un pequeno bus escolar e outro vehículo
            
                            G24.gal
                        
                            19/12/2022 09:15
                        
                        
                        
                        
                    
                    Un accidente na ponte de Rande á saída de Vigo en dirección Pontevedra está a provocar importantes retencións de tráfico desde os oito e media da mañá. Todo parece indicar que o sinistro é de carácter leve, aínda que os vehículos implicados bloquearon os dous carrís de circulación.
Ao parecer, a colisión produciuse nada máis entrar no viaduto entre un pequeno bus escolar e outro vehículo. O automóbil quedou no medio dos dous carrís, o que freou o tráfico que chega a Rande desde Vigo.