Publicador de contidos
Publicador de contidos

Último día de sol antes das borrascas previstas para Semana Santa

Último día de sol antes das borrascas previstas para Semana Santa

No sur de Galicia as temperaturas máximas baixan 12 graos de domingo para luns

As predicións apuntan a que pode nevar por enriba dos 600 metros a próxima semana 

G24.gal 24/03/2024 14:23 Última actualización 24/03/2024 14:51

Domingo de Ramos é por tradición domingo de estrea, e en Vigo, a 25 graos, xa se puido saír este domingo con traxe de primavera, e incluso sacar algo de roupa.

Pero que ninguén se apure a gardar a de inverno porque as temperaturas máximas baixan este luns 12 graos de golpe e aparece a chuvia. Incluso pode volver a neve ás zonas altas de Galicia.

"A partir de mañá chega a cara da primavera máis invernal. Coas borrascas xa preto que traen chuvia, aire frío e descenso evidente das temperaturas. Precipitacións que poden ser en forma de neve a última hora do luns cando a cota pode baixar aos 600 metros. A sucesión de borrascas será unha constante nos próximos días", anuncia Diego Viaño, de 'O Tempo TVG'.

Non notarán tanto o cambio de temperatura no norte da provincia da Coruña. O litoral desta cidade e a Costa da Morte aguantan xa un nordés que non deixa a mesma sensación de verán e que incluso activou o aviso amarelo por vento no mar.

O descenso de temperaturas na Coruña ou en Ferrol será duns 5 graos, pasarán de máximas de 17 este domingo a 12 nos próximos días.

Subindo cara á Mariña luguesa a diferencia é menor: a máxima foi de 14 graos e non baixarán nos próximos días dos 11.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade