Publicador de contidos

Publicador de contidos

Triunfo do Ensino e derrota do Baxi Ferrol na xornada do baloncesto feminino

Triunfo do Ensino e derrota do Baxi Ferrol na xornada do baloncesto feminino

As luguesas impuxéronse con comodidade ao Joventut no Pazo (72-57)

O Baxi caeu en Estepona (65-49)

G24.gal 25/01/2026 16:15

Na Liga Feminina, o Durán Maquinaria Ensino rachou coa xeira de cinco derrotas consecutivas. Superou no Pazo o Joventut 72-57.

As galegas marcharon o descanso perdendo 27-34. No terceiro cuarto apareceron Jessica Fequiére e, sobre todo, Haidara para liderar o parcial de 25-8 que encarreirou o triunfo, o noveno da temporada, que as mantén en posto de play off.

Pola súa banda, o Baxi Ferrol perdeu en Estepona. Ían tres arriba no descanso pero pagaron moi caro o mal terceiro cuarto no que encaixaron un parcial de 31-5 que rachou o partido. Ao final, 65-49.

As departamentais estiveron moi frouxas no lanzamento de tres, 7 de 32, un 22% de acerto. Só Joiner chegou os dobres díxitos en anotación. O Baxi queda con oito vitorias, as mesmas que o IDK que é o oitavo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade