Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tripla escala de buques da Armada Española no porto da Coruña

Tripla escala de buques da Armada Española no porto da Coruña

O Castilla, aportado no peirao Calvo Sotelo, partirá este xoves rumbo a Lisboa cos alumnos de escola naval militar de Marín a bordo para realizaren as súas prácticas

G24.gal 21/05/2025 15:11

Subimos a bordo do buque Castilla e accedemos polo garaxe, onde atopamos a primeira das curiosidades.

"Temos un par de camións históricos, camións antigos que para conversar o patrimonio e formar parte dun museo de medios vanse trasladar a Cádiz e nós levámolos a bordo", explica Manuel Zapata López, 2º comandante do buque de asalto anfibio Castilla.

O percorrido continúa polo hangar. Aquí están expostas as armas que emprega a infantería da Mariña. Todos poden velas e os máis ousados tamén as poden coller. Fóra, na cuberta de voo onde operan simultaneamente dous helicópteros, agora atopamos estes medios de infantería mariña aos que está permitido subir a eles.

"Sobre todo poder interactuar con nós e coñecernos un pouco", engade Zapata López.

Quen queira descubrir todos os seus segredos de primeira de man poderá visitalo ata as oito da tarde deste mércores. Está amarrado no peirao Calvo Sotelo canda a fragata Santa María e o buque escola Intermares. 

"Non se pode ver isto todos os días...". "Chámanme a atención os coches anfibio e as plataformas para os helicópteros". "Estivéronos explicando sobre as armas. É moi interesante", comentan os visitantes.

Partirá este xoves rumbo a Lisboa cos alumnos de escola naval militar de Marín a bordo para realizaren as súas prácticas durante o próximo mes.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade